A crise de Hattori ( Min Min)

Publicado por Ruben


Inda que pareza mentira estamos en crise. O noso nivel de vida supera máximos históricos, pero inda asi estamos en crise. Eu tardei en aceptalo debido a comodidade da que estamos disfrutando dende fai anos e a que nos impide ver a realidade que nos afecta.

Globalización , esa famosa e utópica palabra que está a causar estragos nos albores da sua plena implantación. tampouco é que sexa necesariamente negativa, tan só que estamos a pagar a "novatada" máis típica desta nova parte da nosa vida (queiramos ou non, a globalización implica necesariamente a sumisión das minorías para o ben maioritario).
Esta realidade oculta tras a globalización é a que nos trouxo ata este extremo, crise mundial, e ¿por qué?, porque un pais que os demais paises consideramos a primeira potencia mundial polo seu volumen de negocio e avances en I+D meteu a zoca de maneira catastrófica, pero é normal, cando a xente se aburre e intenta atopar unha nova forma de explotar un mercado xa por si saturado como o inmobiliario para obter uns beneficios incríbles no seu momento que desatron a euforia, pero que ocultaban unha falta de planificación preocupante vindo do pais que está a rexir a economía mundial.
Triste pero certo, os nosos cartos estan en mans de persoas que poderían estar perfectamente ingresados nun centro siquiátrico, e insisto os NOSOS CARTOS, porque esas novas operacións de alto risco foron vendidas polos bancos de EEUU os bancos do resto do mundo en paquetes que contiñan operacións seguras e operacións de alto risco a "precios" moito máis baratos, polo que os bancos se lanzaron a eles nunha voráxine que chegou ata o día de hoxe, descubrindose que agora os bancos non poden responder ante esas perdas, tendo que intervir o estado de cada pais para paliar as consecuencias, e todo porque nun pais lles apeteceu xogar os NINJAS, si ninjas como Hattori, parece que eses altos executivos nunca tiveron infancia, dado que é agora cando se lles da por xogar...

Os ninjas foron os destinatarios dos créditos que causaron eses novos volúmenes de negocio rebosantes de inflación ( a Reserva Federal de EEUU baixou o valor dos cartos dende o 2001 do 6.5% ata o 1% de hoxe en dia ) e ávidos de consumismo sen fondos. ¿Queres unha casa? Pide un crédito pagando uns intereses desorbitados e compraa, que a vida son dous dias. ¿Queres o 4X4 que máis mola ? Comprao e pide un crédito para pagalo e mantelo, que para algo están os bancos ind que nunca traballases na túa vida. Esto era ata agora asi, consumo sen control. Se lle permitía a xente a cambio de inflar os intereses o que solicitaban, independentemente o poidesen pagar ou non. E aqui se formou o problema, os ninjas se reproduciron víricamente e o demais xa temos diante da nosa realidade: non hai cartos para todo o que se vendeu e agora hai que atopar unha solución conxunta para sair desta crise.
Vamos, que nos vacilan e inda lle damos a palmadiña nas costas para felicitalo.... Incríble


PD: Por certo, os NINJAS son os que Non teñen Traballo, Non teñen Ingresos e Non teñen Bens (No Incomes, No job, (No) assets, por se non habia quedado claro.